[2024]
FICHA TÉCNICA
Elenco: Fran Campos e Fran Ameixeiras
Dirección: Marcos Orsi
Texto: Fran Ameixeiras
Música: Fran Ameixeiras e Fran Campos
Duración: 50 mins
Escenografía e vestiario: Diego Valeiras
Producción: Xoque Carvajal
Público Infantil
Tipo de espectáculo: Familiar
NECESIDADE TÉCNICAS
Iluminación: luz branca xeral
Espazo: mínimo 4×4 metros
Montaxe e preparación: 1h30minutos.
Desmontaxe: 40 minutos
Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar, vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, onde a vida de Vicki e a dos seus veciños e veciñas mudará para sempre. Vicki e a felicidade é a viaxe iniciática dun neno que está descubrindo o mundo e as emocións que nel habitan. Unha viaxe chea de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos coidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.







