Historia de Maestro e Pupilo
[Fóra de cartel]
TEXTO E DRAMATURXIA: Fran Ameixeiras e Fran Campos
ELENCO: Fran Ameixeiras e Fran Campos
DIRECIÓN MUSICAL: Fran Campos
DIRECCIÓN: Evaristo Calvo
ESPAZO ESCÉNICO / IMAXE GRÁFICA: Fran Ameixeiras
COREOGRAFÍAS: Lara Balirac
CONSTRUCIÓN MARIONETA: Borja Ínsua
VESTIARIO: B. A.
FOTOGRAFÍA: ene-A Fotógrafos
Música en directo, bailes, hipnotismo, circo de pulgas, iso e moito máis é PLAY.
Protagonizado por dous personaxes completamente tolos.
Por un lado Franchesco Napolitana di Crema, il Maestro como a el lle gusta que lle chamen, un fala barato que sabe facer moi poucas cousas, e que por non ser nin sequera é italiano.
Por otro banda Pupilo, o seu axudante, gran admirador do Maestro, a quen segue cunha fe absolutamente miope.
E entre estes dous creadores de desastres aparece un terceiro personaxe, a conciencia de Pupilo, en forma de marioneta e que é o único que pon un poco de sentido común neste despropósito.
