[2023]
FICHA TÉCNICA
Formato: sesión de contos con música, títeres, teatro…
Duración: 50 minutos
Actor: Fran Campos
Adaptación teatral e dirección: Ana Carreira
Texto orixinal: Xosé Lueiro
Escenografía: Borja Insúa (Títeres Alakran)
Público: Infantil
Tipo de espectáculo: Narración familiar
NECESIDADE TÉCNICAS
Iluminación: luz branca xeral
Espazo: mínimo 3×3 metros
Montaxe e preparación: 1h30minutos.
Desmontaxe: 40 minutos
O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas.
Un espectáculo ideal para traballar en valores. O contacontos mergúllanos no eido da curiosidade infantil, naquela etapa os cativos se erixen en exploradores do mundo, comezando o camiño da súa aprendizaxe. Tamén trata de sensibilizar aos máis pequenos en temas como a violencia machista, os conflitos bélicos ou a indefensión que sofren en moitos países do terceiro mundo.




