FICHA TÉCNICA
Formato: sesión de contos con música, títeres, teatro…
Duración: 50 minutos
Actor: Fran Campos
Creación, dramaturxia e música: Fran Campos
Direción: BANDULLO AZUL
NECESIDADE TÉCNICAS
Iluminación: luz branca xeral
Espazo: mínimo 3×3 metros
Montaxe e preparación: 1h30minutos.
Desmontaxe: 40 minutos
Unha sesión “filipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que se suben a escea: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, quen lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa exepriencia. O repertorio de contos para este ano 2017 conta ademáis con algún dos contos infantís do escritor homenaxeado no «Día das Letras Galegas»: Carlos Casares. A galiña azul ou as historias do neno inventor Toribio inclúense nesta sesión. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis cercano, senón tamén doutras terras.
Contos “filipantes”, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cada un ó seu xeito farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto cativos como maiores poderán desfrutar, aprender, reflexionar… dende as súas distintas visións dos contos populares.