FICHA TÉCNICA
Formato: sesión de contos con música, títeres, teatro…
Duración: 50 minutos
Actor:Fran CamposCreación, dramaturxia e música: Fran Campos
Asesoramento e imaxe gráfica: Fran Ameixeiras
Fotografía: ene-A fotógrafos
Direción:BANDULLO AZUL
NECESIDADE TÉCNICAS
Iluminación: luz branca xeral
Espazo: mínimo 3×3 metros
Montaxe e preparación: 1 hora
Desmontaxe: 30 minutos
Nova sesión de contos para público familiar, terceira da compañía
de teatro e clown «Bandullo Azul», con Filipa, (marioneta), como
protagonista, e o actor Fran Campos.
A narración oral volve ser o fío condutor deste espectáculo para público
familiar, que xunto coa teatralización e a música, farán unha crónica
das «Viaxes de Filipa» por todo o mundo abordo do seu globo.
Recollemos así, contos de cinco continentes co fin de narrar estas viaxes arredor do mundo: América, Oceanía, Asia, África, Europa e de novo na casa. Contos que Filipa foi escoitando e anotando no seu diario de viaxe.
Ademais de contos, «Bandullo Azul» segue coa idea de aportar músicas, cancións, contos cantados, cancións contadas…, que desta volta tamén
chegarán doutros países como Brasil, China, Australia, do Sahara… Filipa trae unha maleta chea de historias. Unha viaxe de conto arredor do mundo!
Un espectáculo que se adapta a todo tipo de espazos como bibliotecas,
salas, teatros e tamén en exterior.